O Concello aporta 16.000 euros para manter e difundir a cultura marítima tradicional
O alcalde de Vigo asinou hoxe mércores un convenio polo que se compromete a investir 16.000 euros no mantemento e difusión da cultura marítima tradicional. Pola súa banda, a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas, ademais de continuar coas súas tarefas, encargarase de coidado e atraque das cinco embarcacións tradicionais do Concello, procedentes das Escolas Obradoiro Mar de Vigo, pechadas tras a renuncia da Xunta a continuar con programa de colaboración municipal.
O Concello de Vigo aportará 16.000 euros para manter e difundir a cultura marítima tradicional, a través dun convenio que o alcalde asinou esta mañá coa Asociación Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas. Pola súa banda, segundo explicou Caballero, este colectivo , que ten vinte barcos tradicionais e "vocación de contribuir a cultura náutica tradicional" serán os encargados do coidado a atraque das cinco embarcacións tradicionais do Concello, que veñen das Escolas Obradoiro Mar de Vigo. "Cedémosllas para que as exploten en manteñan, xa que, lamentablemente, a Xunta cancelou o programa no que colaborabamos na escola de carpinteiros de ribeira e non podemos continuar", explicou.
Caballero avanzou que o ano que ven porase en marcha un programa chamado "bautismo de mar", de navegación a vela para nenos e nenas, "trátase de que se familiaricen co mar".
Descargar todas as imaxes
Caballero avanzou que o ano que ven porase en marcha un programa chamado "bautismo de mar", de navegación a vela para nenos e nenas, "trátase de que se familiaricen co mar".