O alcalde mantén un encontro con responsables da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe mércores un encontro con responsables da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental (Doa). O rexedor escoitou de primeira man as necesidades dunha organización que desenvolve unha importante tarefa social en Vigo.