O Concello estudará a posibilidade de facilitar aparcamento á empresa Borgwarner

venres, 2 dec 2016

Abel Caballero reuniuse este venres con traballadores do Comité de Empresa e co responsable de Recursos Humanos de Borgwarner con quen se comprometeu a analizar a opción de ampliar as prazas de aparcamento dispoñible para o persoal da mesma, así como a estudar o establecemento dunha parada do transporte urbano na contorna da factoría nos horarios de entrada e saída do persoal. O alcalde puxo en valor a capacidade empresarial da multinacional que ten, dixo, un cento de empregados de alto valor engadido e que desenvolve proxectos de I+D aplicados ao automóbil.

O rexedor coñece o traballo do Grupo CdeC

martes, 15 nov 2016

Abel Caballero visitou este martes as instalacións que o Grupo CdeC Servizos Gráficos ten na Estrada do Freixo, onte tivo a oportunidade de ver algunhas das pezas que realizan e onde lle presentaron os novos produtos de impresión que comercializan. O alcalde felicitou ao persoal e a dirección pola calidade dos seus traballos e pola súa aposta tecnolóxica.