Vigo concéntrase contra o triplo crime machista de Valga e en memoria das mulleres asasinadas
A concentración tivo lugar ás portas do Concello de Vigo, na Praza do Rei, en repulsa polo triplo asasinato machista recentemente perpetrado en Valga e en solidariedade coas vítimas, familiares e amigos. Goberno de Vigo, delegado de Zona Franca e concelleiros e concelleiras da Corporación participaron no acto, no que se gardaron tres minutos de silencio.