O alcalde traslada o cariño de Vigo á familia das tres mulleres "vilmente asasinadas" en Valga
Abel Caballero chamou á mobilización social para facer fronte á violencia machista e informou do envío dun telegrama ao alcalde de Valga tralo "terrible crime de" acontecido hoxe neste concello.
O rexedor olívico transmitiu o "noso pésame e condolencia á familia das tres mulleres vilmente asasinadas nun terrible crime de violencia machista" acontecido este luns pola mañá e "dicímoslle aos familiares e a todo Valga que a cidade de Vigo está con eles".
Caballero cualificou de "horrendo crime indescritible" o asasinato e engadiu que "debe ter o castigo do rigor da xustiza e a condena expresa de todas as persoas decentes que cremos que isto ten que ser erradicado da sociedade" porque "de ningún modo pode tolerarse nada que camiñe nesta dirección".
Así, deu conta do envío ao seu homólogo de Valga dun telegrama no que traslada o pésame á familia das tres mulleres asasinadas e todo o cariño da cidade e apuntou que "con toda a contundencia temos que facer inmensa mobilización de fortaleza para facer fronte e que toda a sociedade se mova en contra da violencia machista", unha loita na que, dixo, "Vigo está e seguiremos estando".