Vigo celebra a Semana da Mobilidade co acceso gratuíto aos autobuses turísticos, "Cometa" e C1
O Día Europeo sen Coches, promovido pola Comisión Europea dentro da Semana da Mobilidade (do 16 ao 22 de setembro), celebrarase en Vigo co acceso gratuíto durante a fin de semana aos autobuses turísticos, ao histórico "Cometa" e ao C1. A Porta do Sol acollerá unha exposición de vehículos eléctricos.
O Concello de Vigo celebrará a Semana da Mobilidade, que promove a Comisión Europea, co obxectivo de divulgar unha mobilidade máis sana e sostible nas cidades. O alcalde, Abel Caballero, avanzou as iniciativas que se levarán a cabo durante os vindeiros días.
Así, o mércores 18 será o evento do Automóvil ECO na Porta do Sol coa exposición de diferentes vehículos eléctricos para fomentar a mobilidade sostible e dar a coñecer as súas vantaxes. Co horario de 17:30 a 20:30 horas, a mostra está organizada polas asociacións de taxis da cidade e a revista "Yo taxi" coa colaboración do Concello de Vigo.
Ademais, o sábado 21 e o domingo 22, o autobús histórico "Cometa" realizará viaxes gratuítas entre o Paseo de Alfonso, en horario de 10:30 (primeira saída) a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas (última saída). O percorrido, cada media hora, será Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Rotonda Miragaia, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso.
Pola súa banda, o autobús turístico será tamén gratuíto todo a fin de semana e realizará percorridos de hora e media pasando polo monte do Castro, miradoiro do Paseo de Alfonso ou praia de Samil, entre outros lugares. Neste caso, as saídas serán desde o Centro Comercial A Laxe ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 horas.
As reservas, tanto para o autobús histórico "Cometa" como para o autobús turístico, serán gratuítas e poderán realizarse a través da páxina web de vitrasa.es. Igualmente, o día sen coche, o domingo 22 de setembro, a Liña C1 será gratuíta cos seus horarios habituais baixo reserva online.