luns, 16 set 2019
O Día Europeo sen Coches, promovido pola Comisión Europea dentro da Semana da Mobilidade (do 16 ao 22 de setembro), celebrarase en Vigo co acceso gratuíto durante a fin de semana aos autobuses turísticos, ao histórico "Cometa" e ao C1. A Porta do Sol acollerá unha exposición de vehículos eléctricos.
luns, 16 set 2019
Cun orzamento superior aos 600.000 euros, o Concello de Vigo vai renovar a iluminación do parque de Castrelos, substituíndo as actuais luminarias por luces led. O obxectivo é mellorar a iluminación e fomentar o aforro enerxético.
luns, 16 set 2019
Abel Caballero desprazouse na mañá deste luns ata o aeroporto de Vigo, desde onde saíron os primeiros 37 alumnos e alumnas do programa Vigo en Inglés do Concello, que este ano destina máis de dous millóns de euros para que 900 chicos e chicas de 4º de ESO gocen dunha estancia no Reino Unido ou Irlanda.
luns, 16 set 2019
Abel Caballero deu conta este luns do nivel de ocupación das presas de Eiras, nun 76% -fronte aos 75,6% de 2018- e Zamáns, que rexistra un 72% de ocupación - 64,3% o ano pasado- e animou á cidadanía ao consumo responsable de auga.
luns, 16 set 2019
"A sostibilidade e competencia legal deben ser un empeño colectivo", afirmou Abel Caballero durante a inauguración do encontro.
luns, 16 set 2019
O alcalde achegouse esta mañá ao colexio Miralba para participar no acto de apertura do curso escolar de Secundaria e Bacharelato. Case 150.000 chichos e chicas de toda a provincia volveron hoxe ás aulas.