O alcalde louva ao alumnado do IES Santo Tomé na Xornada de presentación da Liga Maker Drone

venres, 21 out 2022

Abel Caballero saudou ao alumnado que compartiu os proxectos que presentarán á Liga Maker Drone, unha competición estudantil organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia na que cómpre deseñar e programar un dron para resolver un problema social de actualidade. O alcalde louvou ao estudantado de 2ºESO do IES Santo Tomé que participan neste proxecto e foron seleccionados entre 18 centros de toda Galicia.

O Concello instala dous contedores de vidro rosas na Gran Vía para colaborar na prevención do cancro de mama

mércores, 19 out 2022

Abel Caballero anunciou en rolda de prensa que os contedores estarán na zona da estatua dos Redeiros durante dous semanas. A campaña, desenvolta con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama xunto con Ecovidrio, destaca a importancia de coidar o medioambiente e coidar a saúde mediante a prevención. Agatha Ruiz da Prada deseñou un novo miniglú para a ocasión, e os fondos recadados a través das vendas irán destinados á Fundación Sandra Ibarra.

A Femp propón ao Ministerio de Transición Ecolóxica impulsar actuacións locais para favorecer o aforro e a eficiencia enerxética

mércores, 19 out 2022

Na reunión mantida este mércores pola Xunta de Goberno da Femp coa Secretaria de Estado de Enerxía, Sara Aagesen, Abel Caballero apuntou que o cambio a LED das luces incandescentes aforraría en iluminación pública ata o 85% do consumo de enerxía, apuntando a capacidade de aforro que pode representar o illamento térmico dos case 300.000 edificios públicos.

Isabel Pardo de Vera recibe a Medalla da Cidade

venres, 14 out 2022

O alcalde imponlle á secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a máxima distinción da cidade do ano 2022, nun acto celebrado no Pazo de Castrelos, adiado desde o mes de marzo pola enfermidade da galardoada.

Isabel Pardo de Vera recollerá este venres a Medalla da Cidade

xoves, 13 out 2022

Mañá estará en Vigo a secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para dar conta da actuación do Goberno de España en materia de infraestruturas coa cidade, concretamente as orzamentadas para 2023: a autovía Vigo-O Porriño, a saída sur ferroviaria e a liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo. O alcalde fará entrega da Medalla da Cidade outorgada no mes de marzo, que non puido recoller no acto de Vigueses Distinguidos 2022 por motivos persoais.