"O que hai", primeira exposición organizada entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo

martes, 24 out 2023

“O que hai” é o título da exposición presentada este martes na Fundación Laxeiro por Abel Caballero e os concelleiros da área de Cultura, Carmela Silva e Gorka Gómez. Aberta desde mañá, 25 de outubro, ata o 11 de febreiro de 2024, a mostra, que exhibe a obra de catro novos artistas, é a primeira produción resultado do convenio de colaboración asinado entre a Universidade de Vigo e a fundación municipal.

O alumnado do IES República Oriental do Uruguai visita o Concello

xoves, 19 out 2023

O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria que participan no programa "Coñece o teu Concello" a través do cal achéganse ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polo seu traballo e polo funcionamento do Pleno Municipal