Escoitar

O alcalde mantén unha xuntanza co reitor da Universidade de Vigo

Abel Caballero e Manuel Reigosa reuníronse este xoves no Concello para abordar varias cuestións de interese para ámbalas entidades, entre eles, os edificios de Zona Franca na ETEA e a necesidade de espazos na cidade.

xoves, 2 nov 2023
Abel Caballero e Manuel Reigosa durante a reunión no Concello
Abel Caballero e Manuel Reigosa durante a reunión no Concello

O rexedor e o reitor da Universidade de Vigo revisaron este xoves a doazón do edificio Siemens á Universidade por parte de Zona Franca, un feito que se producirá “previsiblemente nun breve espazo de tempo”, polo que segundo valora Abel Caballero, desde Zona Franca xa se lle terían cedido dous edificios, o Siemens e o Faraday, “por un valor de 10 millóns de euros”.

No encontro, Manuel Reigosa trasladoulle ao alcalde a necesidade de ocupar algúns espazos no Auditorio Mar de Vigo polo que o Concello “estudará a posibilidade de uso das aulas que estean dispoñibles” nestes momentos.

No caso da urbanización da ETEA, Caballero sinalou que o Concello está disposto a asumila “tan pronto como a Xunta envíe o proxecto e os recursos económicos”, será entón cando desde o goberno municipal “abordaremos a urbanización da ETEA”.

Abel Caballero e Manuel Reigosa durante a reunión no Concello
Descargar todas as imaxes