Escoitar

O Concello apraza as rutas por Pereiró e a andaina do Camiño a Camiño polo temporal

O goberno local decidiu aprazar as visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró programadas para o venres 3 de novembro polo temporal e as alertas decretadas pola AEMET. O Concello avisará aos inscritos para este día. Está previsto que os roteiros dean comezo unha vez rematen as alertas amarela e laranxa que se están a anunciar estes días por vento e choiva.

xoves, 2 nov 2023
Arquivo: imaxe do programa Camiño a Camiño
Arquivo: imaxe do programa Camiño a Camiño

O Concello tamén aprazará a ruta do Camiño a Camiño programada para o domingo 5 de novembro polo mesmo motivo. Esta andaina pasará a celebrarse o domingo 3 de decembro. Con mor do temporal, o río Tamuxe, no Concello de O Rosal, rexistra un caudal elevado, polo que é recomendable aprazar esta actividade.

Actividade deportiva

O goberno local, así mesmo, informou do cese de actividade nas piscinas e no ximnasio do Carme ata que non quede asegurada a cuberta da instalación afectada polo temporal de choiva e vento das últimas horas. Así mesmo e polo mesmo motivo, queda pechada ao tráfico rodado a rúa do Carme e o primeiro tramo de Cesáreo González (ata a rúa Ricardo Torres Quiroga). Outra das actividades deportivas afectadas pola situación climatolóxica son as desenvolvidas nas pistas de tenis de Samil que permanecerán pechadas ata a finalización da alerta meteorolóxica.

Descargar todas as imaxes