Escoitar

O orzamento de Urbanismo para 2024 alcanza os 11,4 millóns de euros

Abel Caballero anunciou este martes que o consello da Xerencia de Urbanismo celebrará o vindeiro venres día 3 de novembro un Pleno extraordinario para aprobar inicialmente os orzamentos de 2024. Avanzou que superarán os 11,4 millóns de euros.

martes, 31 out 2023
Edificio de La Panificadora
Edificio de La Panificadora

O alcalde destacou que o orzamento de 2024 crecerá nun 28,4 por cento con respecto ao de 2023. "Son uns 9 millóns de euros máis que o ano pasado e este aumento débese, fundamentalmente, á recepción dos fondos europeos provenientes do Goberno de España", sinalou. O rexedor incidiu nos 9 millóns que recibe Vigo da administración central "para o urbanismo" da cidade. "Trátase dunha actuación memorable desde Urbanismo de Vigo apoiada nos fondos europeos provenientes do goberno de Pedro Sánchez en Madrid", remarcou.

Entre os capítulos do novo orzamento, Caballero sinalou os dous millóns de euros a investir en rexeneración urbana e rehabilitación de edificios, así como a tramitación de proxectos e a expropiación para A Panificadora. A esto súmase a construción de vivendas de alugueiro, "a prezo razoable", no Parque Central destinada á mocidade. Indicou que tamén se avanzará na revisión dos plans do ensanche e na rehabilitación das prazas da Igrexa e do Berbés.

Caballero destacou que os orzamentos contan con 4 millóns para axudas a particulares para fondos de convenio do plan de vivenda e contornas residenciais de rehabilitación.

 

Descargar todas as imaxes