Caballero sinala o "salto cualitativo" de Abanca coa nova reforma da histórica sede
Abel Caballero destacou “o salto cualitativo” e o momento histórico que representa a transformación da sede de Abanca en Vigo porque propicia a interacción ente persoas e empresas, e convértese nun “punto de encontro” da cidade. O alcalde apuntou que a remodelación interior da histórica sede principal da entidade financeira, que cualificou como “elemento de cohesión de Vigo, porque a cidade é economía”, á vez que é o reflexo do espírito “pioneiro”, coa implantación de tecnoloxías de última xeración, propicia o contacto dos profesionais coa cidadanía. O rexedor lembrou que entre os plans do goberno local atópase reformar o edificio do Concello e abrilo á cidadanía.