Escoitar

Xulio Calviño asegura "mellor mobilidade e seguridade vial" no tráfico de POVISA, que prestará "atención directa" ao centro médico

O edil explicou en rolda de prensa a ordenación do tráfico no entorno do centro médico unha vez rematen as melloras de humanización na zona, en catro ou cinco meses. Calviño indicou que os sentidos únicos, principalmente nas transversais á Gran Vía, implementarán a seguridade e outorgarán ás urxencias de POVISA "atención directa". O conselleiro delegado do Policlínico asegurou asemade que o acceso é agora "moito mellor" que antes da humanización.

luns, 2 nov 2009
1257169475xuliopovisa.jpg
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, asegurou este luns unha "mellor mobilidade e maior seguridade vial" no tráfico do entorno de POVISA, unha ordenación que prestará unha "atención moitísimo máis directa" ao centro hospitalario.

O edil socialista, que compareceu xunto ao conselleiro delegado de POVISA, José Bernardo Silveira, explicou que a estrutura definitiva do tráfico para a zona entrará en funcionamento en catro ou cinco meses, tan pronto rematen as humanizacións de Regueiro e a Hispanidade que iniciaránse dentro dun mes.

Para entón, e segundo detallou Calviño, Zamora continuará a ser ascendente, Barcelona descendente e Zaragoza pasará a ser ascendente; localizando as "melloras substanciais" nas rúas transversais á Gran Vía. Salamanca, Sevilla, Valencia e as paralelas terán sentido único e un so carril, mentres que Regueiro, Hispanidade e Tarragona serán tamén de sentido único pero con dobre carril.

Destas rúas, Regueiro continuará con sentido descendente á Gran Vía, ao igual que Sevilla, Illas Baleares, Valle Inclán e a Hispanidade, desde a rotonda de Pintor Colmeiro. En sentido ascendente ficarán Salamanca, Valencia, Illas Canarias e Tarragona, esta última con dous carrís para prestar un mellor acceso ás urxencias de POVISA.

Pintor Colmeiro, pola súa banda, tamén experimentará cambios no sentido do tráfico. No tramo comprendido entre a rotonda de Hispanidade e a rúa Tarragona, haberá dous sentidos de circulación, mentres que desde a rotonda ata a Praza da Independencia continuará a ser sentido único descendente.

O concelleiro salientou que a reordenación do tráfico facilitará a mobilidade na zona, facilitando o acceso dos vehículos hacia vías principais como Camelias, a Avenida da Hispanidade e a Gran Vía. Calviño asegurou que este plan de tráfico mellora a fluidez e a seguridade viaria no entorno.

POVISA
O edil socialista e o conselleiro delegado de POVISA afirmaron que as humanizacións nas proximidades do centro son "tremendamente satisfactorias" tamén para o hospital, cun mellor acceso para os peóns e unha capacidade resolutiva "moito mellor" para afrontar emerxencias.

Calviño reiterou que os accesos rodados a POVISA cumpren "absolutamente" con todas as normativas, e José Bernardo Silveira recoñeceu problemas no acceso durante os tres días que duraron as obras na beirarrúa mais concluiu que o acceso é agora "moito mellor" que antes, grazas á "coordinación" coa empresa construtora e co Concello.
Descargar todas as imaxes