Xesus López di que a actuación de Fito & Fitipaldis do 21 de novembro se suma aos concertos inolvidables do 2009
O concelleiro de Cultura, Xesus López, indicou este venres que a actuación que Fito & Fitipaldis fará no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) o 21 de novembro se sumará aos "concertos inolvidables" que tivemos en Vigo este ano. O músico bilbaíno estará na cidade nesta ocasión para presentar o seu último disco "Antes de que cuente diez", nunha xira que segundo o titular de Cultura "será un novo éxito" tanto do músico como da cidade.
Na presentación do concerto, o concelleiro nacionalista afirmou que con este concerto e o de Sabina o 24 de novembro, se completan a programación do 2009. Xesus López indicou que o prezo das entradas é de 23 euros máis gastos se a compra é anticipada e 26 euros se se realiza na taquilla. Asemade, indicou que se poden adquirir nas webs www.ticketmaster.es e www.caixagalicia.es e no teléfono 902 15 00 25.
O responsable da produtora La Fábrica de Chocolate, Joaquín Martínez, sinalou que o aforo do concerto é de 9.500 persoas e que a venda de entradas marcha a "bo ritmo", xa que van máis de 3.000 tikets vendidos. Por outra banda, salientou que "Antes de que cuente diez", integrado por dez novos temas, vai camiño de romper todos os récords, posto que xa superou a quinta semana consecutiva como número un de ventas en España e supera os 100.000 exemplares vendidos.
A xira de "Antes de que cuente diez" arrancará o vindeiro 6 de novembro no Palacio dos Deportes de Santander. Antes de chegar a Vigo o 21 de novembro, a banda percorrerá cidades como Castellón, Alicante e Coruña, para posteriormente tocar en Córdoba, Granada, Las Palmas, Tenerife, Barcelona, Burgos e Madrid. Pasaron xa case dous anos dende que en decembro de 2007 o músico bilbaíno finalizou a súa anterior xira, "Por la boca vive el pez", con máis de un millón de espectadores e a nova xira, que xa leva vendidas máis de 75.000 entradas, parece levar o mesmo rumbo, e en Madrid xa están programados dous concertos, o 27 e o 28 de decembro.
O concerto contará con novidades na formación de directo de los Fitipaldis. Aos xa habituais Carlos Raya, Javi Alzola e Joserra Senperena uniranse o baxista Alejandro ‘Boli’ Climent (M-Clan) e o batería Daniel Griffin (Tequila), polo que promete ser unha das xiras máis importantes da tempada 2009-2010. Fito & Fitipaldis contarán como teloneros a La Cabra Mecánica, que presentarán ás 20.30 horas o seu traballo de despedida "Carne de canción", para deixar paso á banda de Fito Cabrales ás 22 horas.
Descargar todas as imaxes