Escoitar

O tenente de alcalde inaugura Expogalaecia co obxectivo de que se convirta na feira de turismo referente de Galiza

O tenente de alcalde e presidente executivo do IFEVI, Santi Domínguez, inaugurou este venres a XII edición da feira Expogalaecia, que conta con máis de cen expositores e se poderá visitar no recinto feiral de Vigo ata o 1 de novembro. No acto, o tenente de alcalde destacou que este certame medra en cada unha das súas edicións. O conceleiro sianalou que o obxectivo é que chege a ser a feira de turismo referente de Galiza.

venres, 30 out 2009
1256911673vigoferia.jpg
"Expogalaecia. O Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía" reúne no IFEVI máis de cen expositores que representan a preto de 500 entidades públicas e privadas, nunha superficie de 10.000 metros cadrados. Coincide no mesmo recinto feiral co salón Vigoferia e a Pasarela Internacional de Novos Deseñadores, de xeito que a organización espera superar os 25.000 visitantes. O horario de apertura ao público é e de 11 a 21 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.


A Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo de Vigo estarán presentes na feira cun expositor, mentres que o 54% dos expositores proceden do estranxeiro. A presenza portuguesa é unha das máis destacadas, con máis de 30 expositores, entre Câmaras Municipais, empresas, asociacións e institucións, o cal amosa a importancia que ten este certame para os organismos e profesionais do país veciño. Ademais dos produtos gastronómicos portugueses ou de Asturias, Castela-León e Cantabria haberá unha ampla oferta turística, organismos e institucións públicas, axencias de viaxes, aeroportos, compañías ferroviarias, estacións de esquí, asociacións, adegas e empresas de organización de espectáculos, entre outros.

Asemade, Perú tamén é outro dos protagonistas da feira xa que é o país invitado nesta edición. Presentará a súa variada oferta turística e promocionará as súas tres rexións culturais: a costa pacífica, a serra, coa cordilleira dos Andes, e a selva coa súa vexetación tropical da conca do río Amazonas, que cobre o 60 por cento do territorio peruano.

Xunto aos destinos estranxeiros, o amplo abanico turístico español completará unha oferta que permitirá coñecer as últimas tendencias deste sector, de xeito que se combinará a presenza de comunidades como Asturias, Cantabria e Castela e León, con diversos concellos galegos, como Vigo, Allariz, Malpica, Rois e Ourense, e diversas entidades e asociacións empresariais.
Descargar todas as imaxes