Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Marín

<br />

venres, 30 out 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado, a realizar pola
empresa Construcciónes Crespo, estará pechada ao tráfico a rúa Marín, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 3 de novembro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado de tres días.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Castelao e Grove.
As liñas de Vitrasa, mentres duren as obras, serán pola rúa Castelao.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.