Escoitar

O CAT organiza o "IV Seminario Galego de Etnografía"

O CAT- Centro de Artesanía Tradicional- dependente da concellería de Patrimonio Histórico organiza o "IV Seminario Galego de Etnografía" co título "Galegos e portugueses. Miradas antropolóxicas cruzadas" que se celebra no Museo do Mar de Galicia os días 7,13,14,21 e 28 de novembro.O Seminario Galego de Etnografía é unha das actividades formativas que organiza anualmente o CAT dende 2006 dentro do seu programa de protección, recuperación e difusión do patrimonio etnográfico galego.

venres, 30 out 2009
1256904255fronteiranatural.jpg
Para esta IV edición, cun formato de conferencias, 8 antropólogos de Galicia e Portugal achegarán aos participantes os seus traballos de investigación sobre as pluralidades das identidades e identificacións galegas e portuguesas. A proposta ten como base a experiencia de cooperación en rede entre as universidades galegas e do Norte de Portugal nas cales a antropoloxía ten un papel fundamental no ensino e na investigación.

O seminario quere continuar a construír un xogo de espellos reflexivos que nos axude a entender mellor quen somos e a onde vamos. As relacións transfronterizas e as transnacionais entre a Galiza e Portugal son unha realidade histórica sobre a que convén pensar antropolóxicamente. A situación de Vigo neste contexto é de liderazgo nas relacións co Norte de Portugal, o que fai da cidade un ambiente humano moi interesado en coñecer o traballo que os antropólogos fixeran e están a facer neste sentido.

Paralelamente, como experiencia práctica desas relacións seculares, os participantes poderán contar cun exemplo de carácter antropolóxico. O único cesteiro en activo da cidade, terceira xeración dunha tradición secular con moitas conexións entre Galicia e Portugal, mostrará en vivo a través dun obradoiro todo o saber tradicional dunha familia de cesteiros de orixen portugués instalados en Vigo dende 1905. Asimesmo, o CAT, introducirá aos participantes no universo dos obxectos creados polos artesáns de Galicia mediante unha visita guiada as coleccións de oficios tradicionais do CAT e coa proxección do documental "Os cestos de mar de Vigo".

INFORMACIÓN XERAL

 O Seminario é gratuíto.
 O número de prazas está limitado a 100, e 50 delas están reservadas para estudiantes universitarios. Senón se cubrisen as mesmas, quedarán abertas para todo o público.
 O prazo de inscrición remata o día 5 de novembro.
 Dado que as prazas para participar no seminario son limitadas, será necesario inscribirse previamente, establecéndose unha rigorosa orde de entrada das solicitudes.
 A inscrición farase cubrindo os datos do boletín, remitíndoo ao CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo / Rúa Subida ao Castelo /10 36202 VIGO, por fax ao número 986 224 003, ou a través da WEB www.vigo.org/artesania
 Emitirase dous tipos de certificados: 1 por 16 horas lectivas para público en xeral; e outro, de 20 horas lectivas, para os estudiantes universitarios das Facultades de Ciencias da Educación de Ourense e Pontevedra e a de Historia de Ourense, que contará co recoñecemento de 1 crédito de libre configuración pola Universidade de Vigo.
 A actividade do día 13 está só reservada para os estudantes universitarios para a obtención do crédito de libre configuración.
 Máis información nos tf. 986 227 424 / 986 220 758 de 10 a 14 h de luns a venres e na WEB www.vigo.org/artesania.
 Os participantes no Seminario terán a súa disposición un menú especial de 12 € no Restaurante O Croque, situado no Museo do Mar de Galicia (Av. Atlántida, 160. Vigo)
1256904255fronteiranatural.jpg
1256904280fronteira.jpg
Descargar todas as imaxes