Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 21 de marzo de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello pide á Xunta ampliar o colexio de Navia e destinar medios para a mellor atención dos escolares con necesidades especiais

A concelleira de Educación, a socialista Laura López Atrio, presentou no Pleno deste luns de urxencia esta moción, aprobada cos votos do BNG e a negativa do PP. O acordo adoptado insta ao goberno autonómico a ampliar o CEIP Daniel Rodríguez Castelao de Navia e a mellorar as condicións educativas do alumnado con necesidades especiais, dotando de medios e recursos aos centros e ás familias. O texto propón que as institucións públicas convenien para "conseguir o máximo desenvolvemento e autonomía persoal" do colectivo.

O goberno local deu hoxe luns luz verde á moción urxente presentada no Pleno da Corporación pola concelleira de Educación, Laura López Atrio, relativa a necesidades educativas na cidade de Vigo.

Coa oposición do PP, o goberno de Vigo acordou, por unha banda, reclamar da Xunta de Galicia "investir na necesaria ampliación" do CEIP Daniel Rodríguez Castelao de Navia e, en segundo lugar, atender á demanda de "moitas familias que teñen nenos e nenas con necesidades educativas especiais" e "están a reclamar a atención necesaria para a educación dos seus fillos de forma integrada nos centros educativos".

Nesta segunda cuestión, a proposta adoptada demanda do goberno autonómico "destinar os medios materiais e o persoal necesario aos centros educativos que teñan alumnado con necesidades educativas especiais: coidadores, profesorado de apoio, de pedagoxía terapéutica, de audición e linguaxe, etc."

Tamén se solicita do goberno de Núñez Feijóo "proporcionar aos nenos e nenas e ás súas familias os recursos materiais e humanos que lle faciliten o desenvolvemento educativo, social e familiar", "crear na cidade de Vigo un equipo multidisciplinar composto por todos os profesionais necesarios (médicos, educadores, psicólogos, fixioterapeutas, etc) para coordinar, valorar, asesorar, informar, facer o seguimento, etc..." co obxecto de "que teñan os coñecementos e as capacidades necesarias para axudar aos nenos e nenas con necesidades educativas especiais e as súas familias".

Nesta mesma cuestión, o goberno de Vigo insta á Xunta a "crear Centros de estimulación temprana de carácter público en diversos puntos da cidade" e a "facer convenios de colaboración entre Xunta de Galicia, Diputación provincial, Concello e asociacións ou entidades sen animo de lucro, para atender aos nenos e nenas con necesidades educativas especiais e conseguir o seu máximo desenvolvemento e autonomía persoal".
Mais noticias
A Corporación concede a Medalla da Cidade á Federación de Comercio de Vigo
Respaldo unánime do Pleno da Corporación para declarar Vigo e Galiza como zonas desnuclearizadas
O goberno local reclama investimentos en Vigo da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra
A Corporación solicita ao goberno local que "determine a localización onde a Biblioteca do Estado sexa un proxecto realizable"
O Pleno pide a posta en marcha de puntos limpos na cidade
Mañá martes comeza no Auditorio Municipal o proxecto "Raizames" coa actuación do grupo vasco Oreka Tx
400 participantes uníronse a UNICEF e á Alcaldía de Vigo na marcha solidaria da auga por Níger
A Concellería de Medioambiente levou a 300 persoas á ruta do Foxo do Lobo
O Auditorio do IFEVI volveuse encher para seguir as actuacións do Festival de Habaneras e Polifonía Cidade de Vigo
Presentación do documental DIGNA RABIA


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003