Escoitar

O Concello investirá preto de 150.000 euros na reparación dos destrozos causados polo temporal en Matamá

O alcalde, Abel Caballero, visitou este martes as obras de reposición do muro que sustentaba a rúa Canteiros, en Matamá. Os destrozos causados polo temporal do 11 de xaneiro estarán reparados en cinco semanas, mediante traballos cun orzamento de preto de 150.000 euros.

martes, 15 xan 2008
1200409267matama150108.jpg
Á altura do número 11 da rúa Canteiros, parte da parede, na súa caída, arrastrou consigo unha marquesiña de autobús, a varanda de protección e parte do vial, o que tivo como consecuencia o corte dun carril de circulación.

A Área de Servizos Xerais do Concello de Vigo, dirixida pola concelleira Isaura Abelairas, investirá 146.000 euros no arranxo dos desperfectos. Dun xeito detallado, as obras de reposición contemplan o desvío do cano de abastecemento de auga, a demolición e traslado do resto do muro, a construción do novo muro de formigón de 35 metros e 5,5 de altura, a construción da nova beirarrúa e a reposición do firme da parte do vial afectada e da sinalización.

O Concello considera imprescindible a celeridade no arranxo da zona afectada, para maior benestar dos veciños, co que as obras rematarán no prazo de execución máis curto posible, que é de cinco semanas.
Descargar todas as imaxes