O Consorcio do Casco Vello contará en 2008 con sete millóns de euros para a rehabilitación do barrio
O tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello, Santiago Domínguez, e a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, anunciaron este martes que o orzamento desta entidade ascende aos 7,4 millóns de euros para este ano 2008, o máis alto ata esta data. "Ao longo deste ano vaise desenvolver un traballo no que se combina o pulo investidor en compra de inmóbeis cunha clara arela de rehabilitación dos edificios xa adquiridos", indicou o tenente de alcalde.
Desta cifra, segundo explicou Santiago Domínguez, 6,1 millóns de euros destinaranse á adquisición e rehabilitación de inmóbeis para habilitalos, preferentemente, como vivendas protexidas e dotacións necesarias para revitalizar o barrio. O importe destinado á adquisición é de 2,5 millóns de euros, case unha cuarta parte do orzamento total.
O plan de investimentos prevé que este ano se acometan as primeiras obras de rehabilitación no Casco Vello, que durarán entre 12 e 18 meses, segundo adiantou a conselleira, e que se poñan no mercado as primeiras vivendas protexidas, "que serán ofrecidas preferentemente en réxime de aluguer", subliñou Teresa Táboas. A conselleira salientou, ademais, que estas obras atinxirán un total de once edificios ubicados nas rúas Santiago, Abeleira Menéndez e Real.
No tocante ás rehabilitacións, a conselleira matizou que aínda que o período normal de execución das obras oscila entre os 12 e os 18 meses, este tempo pode verse dilatado pola aparición de restos arqueolóxicos, polo que os traballos poden prolongarse. Neste sentido indicou que estes traballos supoñen un impulso importante na creación de volume de negocio para as empresas pequenas e medianas adicadas á rehabilitación, así como á ferrería e a carpintería.
Outra importante partida destes orzamentos, sinalada polo tenente de alcalde na súa intervención, refírese á contratación de coidadores nas rúas. Estes coidadores realizarán un labor de información e apoio e a súa función principal consiste en establecer pontes de comunicación coas administracións e as autoridades para informar sobre a situación nas rúas. A súa privilexiada localización permitiralles coñecer ao detalle a situación cotiá, en canto a limpeza, conflitos e desaxustes, fundamentais para atallar e resolver os problemas puntuais que poidan xurdir.
Tamén se prevé que os coidadores poidan apoiar os veciños máis dependentes en tarefas diarias como ir á farmacia, auxilio médico ou para facilitar o tránsito e asesorar nas súas demandas. O orzamento para este servizo é de 30.000 euros e conta coa colaboración dos comerciantes da zona. O programa quere, ademais, servir como plataforma de integración laboral de colectivos desfavorecidos, especialmente mulleres, maiores de 40 anos e parados de longa duración.
Os orzamentos do 2008 tamén inclúen como novidade a ampliación de subvencións para rehabilitar vivendas e locais comerciais por 300.000 euros e unha partida de 120.000 euros anuais para o programa de fachadas.
"Con estas iniciativas comezamos unha nova etapa para o Casco Vello, na que o compromiso non só está nas palabras. Deste xeito a veciñanza deste barrio está máis cerca que nunca da tan pretendida posta en valor do Casco Vello", salientou o presidente do Consorcio, quen coincidiu coa conselleira de Vivenda na importancia que ten para a cidade acadar a complementariedade entre os usos residenciais e comerciais, así como na mistura de diferentes niveis de renda entre os seus futuros habitantes.
Descargar todas as imaxes