O Concello e a Asociación de Empresas Concesionarias estudarán a ubicación da futura Cidade do Automóbil
A Asociación de Empresas Concesionarias presentou este luns o proxecto ao alcalde, Abel Caballero, nunha reunión na que acordaron estudar, de xeito conxunto e coa maior celeridade, a mellor ubicación para unha iniciativa que "consolidará a Vigo como gran cidade de Europa do automóbil", segundo manifestou o rexedor vigués.
A Asociación presentou ao alcalde un proxecto que ten como finalidade concentrar o sector do automóbil nunha zona ben conectada e cunha extensión estimada de 700.000 metros cadrados. O traslado suporía un aumento da rendibilidade do sector terciario do automóbil. Abel Caballero anunciou que o Concello de Vigo apoiará o proxecto, cualificado de "magnífico" polo rexedor, xa que "consolidaría a Vigo como gran cidade do automóbil a nivel europeo".
Ademais, o Concello de Vigo contribuirá activamente ao establecemento e consolidación da idea e cooperará coa Asociación para acadar a mellor ubicación posible coa maior celeridade. A este respecto, o alcalde avanzou as dúas localizacións propostas polo colectivo, unha en Liñeiriños e a outra na Cidade do Frío. O PXOM recolle que, nesta última, as industrias do frío contan con preferencia para a súa reubicación, polo que acordaron estudar de xeito conxunto novas posibilidades para a localización da futura Cidade do Automóbil.
Descargar todas as imaxes