O alcalde avanza a ampliación de Peinador e a posta en marcha dun gran estudo global sobre a ría
O Concello de Vigo elaborará un estudo global y multidimensional da Ría de Vigo en conxunto cos sectores económico e social da cidade. Por outra banda, o alcalde avanzou que Peinador superou os 1.400.000 pasaxeiros no 2007 e que manterá unha reunión a próxima semana co Presidente de AENA onde se tratarán as inversións a realizar na ampliación de aeroporto.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá de hoxe sendas reunións co Director do Aeroporto de Vigo e coa Directiva do Clube Financeiro, despois das que fixo unha valoración pública dos resultados.
O Director do Aeroporto de Peinador, Antonio García, trasladou ao alcalde a evolución que experimentou a terminal viguesa no tráfico de pasaxeiros no 2007. No pasado ano, 1.405.000 persoas utilizaron Peinador, "co que o aeroporto vigués pulveriza en 2007 as previsións de AENA para o 2008", sinalou o rexidor local. O alcalde mostrouse optimista co crecemento do número de pasaxeiros e avanzou que "Peinador está chamado a alcanzar o liderado do transporte aereo de pasaxeiros en Galicia en moi poucos anos". "A tasa de crecemento sostible do aeroporto vigués oscila entre o 10 e o 15%, mentres que o de Santiago non chega ao 5%" afirma Abel Caballero.
Alcalde e Director coincidiron na necesidade de lanzar as inversións para ampliar o aeroporto vigués. A este respecto, Abel Caballero avanzou que manterá unha reunión a próxima semana co Presidente de AENA para tratar esta cuestión. O alcalde sinalou que "o novo aeroporto xa é un feito": as obras de ampliación da plataforma de estacionamento de avións e as dos mostradores de facturación e venda de billetes xa están en marcha e remataran en xullo deste ano; mentres que os traballos para ampliar a capacidade do estacionamento de vehículos dos 700 actuais a os 2.700 futuros comezarán "en tres ou catro meses e estarán finalizados en dous anos e medio cunha inversión de 38 millóns de euros", sentenciou Abel Caballero. Ademáis, o alcalde avanzou que o coste da construción da nova terminal de Peinador será de 945.000€.
Estudo global da Ría de Vigo
A directiva do Clube Financeiro de Vigo reuníuse posteriormente co alcalde para trasladarlle un resumo do estudo global da Ría e proporlle ao Concello de Vigo a elaboración dun amplo estudo de carácter multidimesional: portuario, ecolóxico, turístico e paisaxístico.
Abel Caballero manifestou o seu apoio a esta "excelente reflexión" e sinalou que o Concello de Vigo vai asumir esta proposta, que se elaborará en conxunto polos sectores social, económico e político da cidade. O rexidor puxo en valor a Ría de Vigo como "núcleo central da cidade" e "gran motor da nosa economía", que, como tal, precisa dun estudo amplo e global, que contemple unha planificación para o futuro, similar ao realizado en Bilbao ou en Barcelona o ano 1992.
Descargar todas as imaxes