FAIMEVI promoverá mediante un convenio o aforro enerxético por parte do Concello de Tomiño
Promover o uso racional da enerxía e o aproveitamento das enerxías renovables no municipio de Tomiño é o obxectivo do convenio asinado este xoves por Sandra González, alcaldesa dese concello, e Santiago Domínguez, presidente da Fundación Axencia Inermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI).
Segundo explicou Sandra González, este convenio servirá de plan director para o fomento do aforro e a eficiencia enerxética nas instalacións e servizos municipais de Tomiño, un concello de 108 km2 de extensión cunha poboación dispersa de 13.000 habitantes repartidos entre 15 parroquias. Esta circunstancia, sinalou a alcadesa, fai que actualmente o termo municipal conte cuns 7.000 puntos de luz, o que fai necesarias medidas de aforro que fagan realidade a máxima de que "a mellor enerxía é a que non se consome".
Nesta mesma liña, Santiago Domínguez salientou a importancia que ten adquirido FAIMEVI desde a súa fundación por iniciativa da Unión Europea, en abril de 2004, para "contribuír a unha sociedade máis sostible e con máis futuro para todos e todas", a través de accións a nivel local e rexional para promover a utilización eficiente da enerxía.
Compromisos
De acordo co convenio asinado este xoves, FAIMEVI comprométese a informar a cidadanía en materia de eficiencia enerxética e enerxías renovables e promover accións específicas de sensibilización; realizar unha análise enerxética preliminar das instalacións e dependencias municipais de Tomiño, e prestar asesoramento técnico nas actuacións que desenvolverá o Concello de Tomiño en materia enerxética.
Este asesoramento fará referencia a aspectos como o seguimento e control dos consumos enerxéticos, a elaboración de informes específicos sobre proxectos promovidos polo Concello de Tomiño, a información sobre novos materiais, produtos e sistemas que permitan reducir emisións asociadas ao consumo de enerxía, ou a implantación de ordenanzas municipais que fomenten o uso racional da enerxía ou a implantaicón de fontes de orixe renovable.
Entre os compromisos que adquire o Concello de Tomiño, están os de colaborar economicamente no desenvolvemento do convenio mediante unha achega de 6.500 euros, habilitar un espazo nas dependencias municipais onde o persoal de FAIMEVI poida atender e informar o público e implementar as propostas de actuación resultantes dos estudos que se realicen, en caso de ser técnica e economicamente viables.
A duración do convenio é inicialmente de un ano, prorrogable de xeito automático mediante acordo de ambas as partes. A vixencia do convenio non se estenderá máis alá de cinco anos.
Descargar todas as imaxes