A Consellería de Traballo destinará 74,8 millóns ao fomento do emprego en Vigo antes da fin da lexislatura
O Concello de Vigo recibiu este mércores a visita oficial do conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen tras o encontro que mantivo co alcalde, Abel Caballero, avanzou que a Consellería destinará 74,8 millóns de euros ao fomento do emprego en Vigo antes de que remate a lexislatura. Desta cantidade, 35,8 millóns están recollidos nos orzamentos da Xunta para este ano.
Varela explicou que, do total do presuposto, se investirán 50 millóns de euros en políticas activas de emprego ata 2009, como os programas mixtos de formación-emprego, os incentivos á contratación, as axudas á integración laboral e ao autoemprego e o emprendemento. Desta medida beneficiaranse preto de 6.700 persoas.
Á formación e ás medidas de orientación de traballadores destinarase unha contía de 10,4 millóns de euros en 2008, coa finalidade de formar a máis de 6.800 persoas, das que preto de 3.600 serán mulleres. Ao capítulo de prevención de riscos laborais, o conselleiro aclarou que o departamento que dirixe investirá preto de 1,5 millóns de euros no presente exercicio.
A Consellería de Traballo aportará 35,8 millóns de euros en 2008, o que supón un incremento medio dun 14,3% con respecto a 2007.
Retos e obxectivos
O titular de Traballo manifestou que entre os obxectivos en materia laboral para Vigo están incrementar a afiliación á Seguridade Social en máis de 17.500 persoas, ata acadar os 162.750 afiliados, e incorporar a 9.000 mulleres máis ao mercado de traballo. Segundo comentou o conselleiro, a incorporación deste número de mulleres suporá o 51,5% de todo o crecemento, fronte ao 43% actual.
Ricardo Varela apuntou que este incremento da afiliación deberá ir acompañado dun descenso do paro rexistrado. O obxectivo é situalo en menos de 14.300 parados e conseguir, ademais, unha redución da taxa de temporalidade no sector privado de entre o 25% e o 33%. Varela tamén manifestou a necesidade de mellorar as condicións de seguridade e saúde no traballo.
Evolución do mercado laboral
Nos dous últimos anos na cidade de Vigo creáronse preto de 14.300 postos de traballo, o que supuxo un incremento do 10,4%. O paro rexistrado diminuíu un 12,4%, polo que hai 2.223 demandantes menos.
Por outra parte, as mulleres representaron o 57,6% da redución total de desemprego e a xuventude viu reducida súa taxa de paro nun 34,2%. Ademais, durante o período mencionado incrementouse en 13.000 o número de traballadores cunha relación laboral estable.