Escoitar

O Concello inicia as obras de humanización de Aragón e a reforma do edifició de Mestres Goldar

Mañá mércores comezan as obras de humanización da segunda fase de Aragón e a reforma do edicio Mestres Goldar, tal e como indicou esta mañá o rexedor. Nas súas palabras, entre as obras en marcha e as de próximo comezo, supoñen un investimento total superior aos 17 millóns de euros.

martes, 25 set 2012
1348574402alcalde2.jpg
Abel Caballero anunciou hoxe martes o inicio das as obras de humanización de Aragón, por valor de 2,5 millóns, e das obras de reforma interior do edificio que albergará a Escola Infantil Mestres Goldar. Ao mesmo tempo, referiuse a todas as obras en marcha na cidade, enmumernado Mnauel Álvarez, Severino Cobas Pintor Colmeiro, Ramón Nieto, Brasil, Nicaragua, Menéndez Pelayo, Doctor Marañón, Martínez Garrido, confluencia con Tomás Alonso, Pi i Margall e López Mora; Enrique Lorenzo, por un importe de 11.138.436 euros. No tocante a próximos inicios de obras, avanzou o comezo en próximos días das obras en Areal (entre Canceleiro e República Arxentina); en Camelias fase I, (desde Praza Independencia ata rúa Ourense), Canceleiro, Praza de Bouzas, reforma Mercado de Berbés e centro social de A Miñoca, en fase de licitación. O investimento total supera os 17 millóns de euros para mellorar a cidade e para polícas keynessianas de emprego e os seus efectos multiplicadores.
Descargar todas as imaxes