"Vine, vi... y hablé! Faladoiro con María Xosé Porteiro
A concellería de Igualdade programa para o martes 25 de setembro un faladoiro con María Xosé Porteiro sobre o seu libro "Vine,vi y....hablé. Las mujeres frente as discurso político". O acto terá lugar ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feminsitas de Vigo. No faladoiro ademais da autora , tamén participará Llerena Perozo, formadora en comunicación presencial con enfoque de xénero.
Neste ensaio, María Xosé Porteiro analiza as dificultades e os éxitos das mulleres fronte ao discurso público ao longo da historia. Un traballo de grande actualidade e oportuno nun mundo cambiante onde as mulleres xa ocupan espazos públicos de gran relevancia.
En 2001 a autora elaborou un curso teórico práctico denominado Claves para mejorar la comunicación oral, como resposta a unha demanda reiterada de axuda por parte de numerosas persoas con necesidade de desenvolverse nas súas comparecencias públicas. Durante once anos o curso recolleu multitude de éxitos. Neste tempo Mª Xosé Porteiro especializouse na comunicación oral das mulleres e o presente libro é unha frutífera consecuencia desa longa experiencia.
Descargar todas as imaxes