Urbanismo da luz verde ao proxecto de urbanización de "A Metalúrxica"
Segundo informou hoxe venres o alcalde, o goberno local ven de conceder a aprobación inicial do proxecto de urbanización da parcela coñecida como A Metalúrxica, en García Barbón, cun orzamento de execución superior ao millón de euros. O ámbito de actuación ascende a 6.100 m2.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da aprobación inicial do proxecto de urbanización da parcela coñecida como "A Metalúrxica", en García Barbón, que conservará a fachada existente ao figurar catalogada no Plan Xeral vigués.
Segundo os datos ofrecidos por Caballero, o ámbito de actuación aproxímase aos 6.200 metros cadrados e o orzamento de execución ascende a 1.075.000 euros, un prazo de execución dos traballos de 12 meses. Unha vez autorizado inicialmente o proxecto, ábrese un periodo de 20 días de exposición pública hábiles.
Do total da superficie aprobada, máis de 1.000 metros cadrados corresponden á ampliación da rúa Serafín Avendaño, case que 2.500 máis irán adicados a espazos libres públicos, 800m2 a cesións de uso en superficie e o resto para solo residencial.
Xerencia de Urbanismo
O trámite de aprobación inicial do proxecto foi concedido na reunión do Consello da Xerencia municipal de Urbanismo deste venres, cita na que deuse conta asemade da concesión de 30 licenzas de obra e outras 9 de actividade para un investimento superior aos 1,1 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes