Unha segunda sentenza xudicial avala o proceso da Oferta Pública de Emprego promovida polo Concello
Abel Caballero avanzou hoxe xoves o fallo do Xuzdado do Contencioso número 2 de Vigo que avala o proceso da Oferta Pública de Emprego 2008 promovida polo Concello. Esta sentenza únese a outra que o pasado 1 de xuño desestimaba un recurso de CCOO contra a designación dos órganos de selección dos tribunais.
O Xuzgado do Contencioso número 2 de Vigo ven de emitir un fallo que avala a actuación do Concello no proceso de posta en marcha da Oferta Pública de Emprego de 2008. A sentenza desestima o recurso contra o acordo da Xunta de Goberno do 10 de febreiro de 2012 desestimatorio do recurso de alzada inteposto contra o acordo do órgano de selección do proceso selectivo de subalterno da OPA de 2008, "declarando a conformidade a Dereito da actuación recorrida".
Textualmente o fallo di, regundo relatou o rexedor: Non cabe apreciar neste caso a existencia de arbitrariedade nin de ningún erro na formulación das preguntas e nas respostas declaradas correctas. Prosegue o texto: Os criterios de corrección aplicados ás preguntas impugnadas son coherentes con criterios de racionalidade común e non poden considerarse arbitrarios ou incursos en ningún erro evidente, ostensible ou manifiesto que xustifique a anulación de ditas preguntas.
Trátase, polo tanto, dun pratexamento "absolutamente favorable" aos intereses do concello e a actuación dos funcionarios, unha sentenza favorable que se une a outra emitida polo mesmo Xuzgado o pasado 1 de xuño. Neste caso, os tribunais desestimaban un recurso de CCOO contra a designación dos órganos de selección dos Tribunais dos procesos selectivos correspondentes á OPA 2008. Neste punto, Caballero esixiu aos que crititaron estes procesos, mencionado en concreto ao Partido Popular e a máis dun membro do Goberno da Xunta, que se retracten "porque lles deben unha disculpa aos concelleiros responsables e aos traballadores públicos".
Descargar todas as imaxes