O Concello conmemora o Día Mundial do Alzheimer cunha marcha polas rúas da cidade
O alcalde, Abel Caballero, participou este venres no acto de saída da marcha, organizada por Sanitas Residencia, e que contou co presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, como anfitrión. A marcha, con saída en Praza do Rei, conclúe na Porta do Sol co obxectivo da visibilidade e concienciación social.