A unanimidade do Pleno aproba axilizar os trámites para a obtención das tarxetas de pensionista do Vitrasa
PP, PSOE e BNG acordaron esta mañá dar luz verde a unha moción popular na que solicita axilizar os trámites para a obtención das tarxetas de pensionistas para o transporte urbano. O texto aprobouse cunha engádega do BNG na liña de buscar fórmulas que permitan aos colectivos máis desfavorecidos obter reducccións de tarifas.
Todos os grupos políticos aprobaron no Pleno deste luns unha moción na que se solicita a axilización dos trámites para a obtención das tarxetas de pensionistas para o transporte urbano. Na votación do texto, defendido polo PP, incluíuse unha engádega dos nacionalistas na que se insta ao Goberno a que, antes de que remate o ano, presente un estudo que busque fórmulas que permitan aos colectivos máis desfavorecidos da cidade incorporarse ás ventaxas e axudas na redución de tarifa que existen para outros.
Outra das mocións aprobadas por unanimidade na sesión plenaria desta mañá insta ao Goberno local a negociar coas concesionarias municipais os custos dos servizos, trasladando de xeito inmediato estas rebaixas ás tarifas que abonan os vigueses. O PP, grupo propoñente, aceptou unha engádega do BNG solicitando que esas negociacións garantan os postos de traballo e as condicións laborais dos traballadores.
Outra das mocións aprobadas esta mañá, neste caso cos votos favorables de PP e BNG e a abstención do PSOE, pasa por instar ao Goberno a ampliar os horarios da nova Pinacoteca e do resto dos espazos expositivos da cidade. O texto, defendido polo PP, propón a creación dun plan de programación homoxénea nos diferentes contenedores culturais de artes escénicas e musicais, así como crear unha planificación horaria e temática da rede museística de Vigo.