O Concello pide á Deputación investimentos en Vigo en materia deportiva, cultural e viaria
Sendas mocións debatidas e aprobadas no Pleno vigués deste luns reclaman á Deputación de Pontevedra que atenda á cidade de Vigo e acometa investimentos nesta en materia deportiva, cultural e de infraestructuras viarias. Os acordos foron presentados polos socialistas e sairon adiante co apoio nacionalista e a negativa do PP.
Tres mocións foron debatidas na sesión plenaria deste luns relativas á Deputación de Pontevedra, as tres presentadas polo grupo municipal socialista e apoiadas polo nacionalista, coa oposición do PP.
O primeiro acordo adoptado reclama do organismo provincial que sitúe en Vigo o comezo, final ou a contrarreloxo dunha etapa da próxima edición da Volta a España, que comezará nas Rías Baixas, establecendo na cidade tamén os aloxamentos; que Vigo acolla un partido da selección española de fútbol e que invista 40 millóns en melloras no estadio de Balaídos, tras ter gastado 20 millóns na reforma do estadio de Pontevedra.
A segunda moción, de ámbito cultural, demanda que a Deputación provincial inclúa nos seus orzamentos partidas económicas para a rede museística viguesa equivalentes ao que adica ao Museo de Pontevedra.
En último lugar, o Concello de Vigo pide ao goberno da provincia que acorde coa administración viguesa un plan de investimentos para humanizar as estradas da súa competencia, como son as PO 7001, 7002, 7003, 7004 e 7005 e as PO 8103 e 8105.