Escoitar

O Concello organiza o sábado o I Festival de Folclore "Mar de Vigo"

O próximo sábado, ás 19 horas, terá lugar o I Festival de Folclore "Mar de Vigo", no Auditorio Pazo de Congresos do mesmo nome, sito na Avenida de Beiramar. Participarán Traspés, Lembranzas Galegas, Corisco e Andarela, e as invitacións poden recollerse na Alcaldía, de 10 a 20 horas, ou solicitalas aos propios grupos.

martes, 25 set 2012

Máis información