Escoitar

O alcalde aposta por Conxemar como "gran núcleo de difusión turística de Vigo"

O alcalde de Vigo explicou hoxe martes que o Concello aportará 36.239 euros a difusión de Vigo durante a celebración de Conxemar, os próximos 2,3 y 4 de outubro. Loubou o número de participantes e visitantes previstos, similar ao de pasadas edicións, a pesar de que Vigo tivo que facer este ano fronte ao desafío de Barcelona con apoios institucionais "que rompen as regras do xogo".

martes, 25 set 2012
1348574362conxemar.JPG
O Concello de Vigo colaborará unha vez máis na posta en marcha da feira Conxemar, un acotecemento que se organiza os próximos 2,3 e 4 de outubro e "que nos constitúe como referente do peixe conxelado de todo o mundo". Caballero alabou a solidez da feira, que mantén os mesmos participantes que anteriores edicións, a pesar da competencia de Barcelona, unha iniciativa que, na súa opinión, "rompe as regras do xogo" polos apoios institucionais que recibe. Así o indicou, logo dun encontro que mantivo coa directiva da feira internacional de pesca de conxelada.

O rexedor avanzou que a aportación municipal será de 36.239 euros, dos que 21.239 serán para un stand de turismo, instalado nos accesos do recinto feiral; visitas guiadas; bus turístico; visitas teatralizadas; visitas pola ría e visitas a Cíes. Explicou que se trata dun proxecto de divulgación de Vigo no marco de Conxemar, para o que tamén se imprimirán guías e planos para repartir en Conxemar, cun investimento de 15.000 euros. Incluirase un listado de locais que fan descontos aos participantes da feira acreditados. Conxemar, dixo "é un gran núcleo de difusión turística de Vigo". Durante a rolda de prensa, o alcalde relatou a existencia de reunións entre a Concellería de Turismo, a Vigo Convention Bureau, Conxemar, hoteis, Fecovi e axencias de viaxes para conseguir que os establecementos hosteleros apliquen descontos de entre o 10 e o 25% para visitantes e expositores.


Rematou avanzando que Concello e Conxemar estudarán a sinatura dun convenio que permita ter en conta este evento dentro de futuros plans de emprego muncipais para facilitar apoio constante desde o Concello e axudar a paliar a competencia de Barcelona dado o papel "clave" que xoga Conxemar na xeración de emprego na cidade.
Descargar todas as imaxes