Igualdade programa o obradoiro " Comunicación en Clave de xénero. Estratexias para a utilización dunha linguaxe inclusiva"
A Concellería de Igualdade organiza o obradoiro de carácter gratuíto" Comunicación en Clave de xénero. Estratexias para a utilización dunha linguaxe inclusiva", co obxectivo de detectar e desvelar o sexismo implícito na linguaxe, así como facilitar ás persoas asistentes estratexias para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita. Este obradoiro de 6 horas de duración o impartirá a xornalista Ana Belén Puñal Rama.<br /> <br /> <br />
Contidos:
1.O sexismo social e a ollada androcéntrica sobre a realidade.
2.O sexismo na linguaxe: o sexismo a nivel do dircurso e da norma lingüística.
3.Estratexias para a utilización dunha linguaxe inclusiva:
3.1 Como evitar o xenérico masculino.
3.2 Como nomear a mulleres e homes de maneira equilibrada.
3.3 Suxestións para evitar os estereotipos.
3.4 A identificación das mulleres como axentes.
3.5 A aplicación da perspectiva de xénero.
O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas de duración cada unha.
Período e horarios: os sábados 29 de setembro e 6 de outubro de 10,00 a 13,00 h
Requisitos: ser maior de idade. Prazas limitadas.
Lugar realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20
O prazo de inscrición comeza o venres 14 de setembro e permanecerá aberto ata completar o número de prazas. Concederanse as prazas segundo a orde de inscrición. As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h. Máis información: www.igualdadevigo.org"