"Vigo recibirá nos primeiros catro meses de 2009 sobre 52 millóns de euros para inversión directa"
Os proxectos de inversión non superarán os 5 millóns de euros e deberán ser executados nun prazo de 6 meses, na segunda metade de 2009.Abel Caballero informou que o goberno local xa traballa nos proxectos de inversión para "xerar emprego e facer cidade". O alcalde de Vigo recibiu esta "gran noticia" na reunión desta mañá da Federación Española de Municipios co Presidente do Goberno de España.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou esta tarde que o plan de crise do Goberno de España, que destinará 8.000 millóns de euros aos concellos para inversión directa no 2009, suporá para a cidade sobre 52 millóns de euros máis para "xerar emprego e facer cidade", os que se suman aos 21 millóns dos orzamentos municipais.
O alcalde sinalou que o goberno repartirá a cantidade total nos catro primeiros meses de 2009 e aprobará os proxectos en base a criterios de poboación, postura que defendía o goberno vigués. Abel Caballero indicou que o 10 de decembro se abre o período para presentalos ao Goberno central, prazo que rematará o 26 de xaneiro.
Os proxectos a presentar, explicou o rexedor, non deberán superar os 5 millóns de euros nin os seis meses de realización, para ser contratados máximo en abril, iniciar a súa execución entre maio e xuño e estar rematadas no 2009. Unha vez aprobados os proxectos, o goberno financia o 70% do total no momento da adxudicación e o 30% restante ao remate.
O alcalde subliñou que o goberno local, no seu conxunto, estudará e decidirá os proxectos que se van presentar, aínda que Abel Caballero aposta polas humanizacións, sobre todo en barrios e parroquias. Segundo estimou, desde maio e xuño, haberá na cidade "máis do dobre" das obras presentes en Vigo na actualidade.
O rexedor local cualificou de "extraordinaria" esta "gran noticia" recibida hoxe do goberno estatal, e salientou que "temos nas nosas mans unha achega que fará que nun ano" -no 2009- "se invista máis en Vigo que nos últimos dez".
Endebedamento
A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) solicitou hoxe ao Presidente do Goberno de España que os concellos poidan endebedarse ata un máximo dun 0,5%, o que a nivel estatal suporía 5.000 millóns de euros.
Abel Caballero adiantou que, de ser aceptada a proposta -o que se coñecerá a vindeira semana-, o goberno vigués o estudará, o que significaría reforzar aínda máis a cantidade destinada a inversións na cidade olívica.
Descargar todas as imaxes