Escoitar
Promoción Económica e Emprego

Convocatoria para o "Programa de axudas municipais á contratación"

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 13/10/2008, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2008 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de data 13 de novembro de 2008.<br />

venres, 28 nov 2008
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas empresas e entidades distintas da administración pública, que contraten "Persoas desempregadas que participen ou tivesen participado nalgunha das accións ou programas da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, e pertenzan ao colectivo de mulleres, persoas con discapacidade, ou que o posto de traballo estea emprazado na zona de delimitación da área P.E.P.R.I. do Casco Vello de Vigo. As subvencións establecidas nesta convocatoria poderán afectar ás contratacións que, reunindo os requisitos establecidos nas bases reguladoras, se formalizasen no período comprendido entre o 16 de setembro de 2007 e o 15 de setembro de 2008.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte a data de publicación no BOP.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, ao "Programa de axudas municipais á contratación"

INFORMACIÓN:
Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá. Praza do Rei s/n (4ª planta). Tfno.: 986 81 02 32
Tanto as bases reguladoras das axudas como os anexos que ten que presentar a persoa solicitante, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá e na súa páxina web: www.vigo.org