Escoitar

A programación teatral "Vigo a Escena" chega a Coia da man da compañía Aforo Teatro

O circuíto municipal de teatro "Vigo a escena", que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Vigo, chega o sábado 29 a Coia coa obra "Do cotián: o absurdo", a cargo da compañía Aforo Teatro. A representación terá lugar ás 20 horas no CCA Rueiro de Coia.

venres, 28 nov 2008
"Co Vigo a Escena queremos dar a coñecer o traballo que están a desenvolver as compañías de teatro viguesas no eido da cultura", salientou Xesus López. Ademais, para o concelleiro nacionalista este circuíto municipal de teatro xoga o papel fundamental de achegar a cultura a toda a cidadanía, posto que as representacións teñen lugar en todos os barrios e parroquias da cidade. "Que a cultura chegue a toda a cidadanía consititúe unha das principais liñas de traballo da Concellería de Cultura", subliñou.
A obra "Do cotián: o absurdo", está dirixida por Leonel García Laborde e interpretada por César Aldea, Francelina Méndez, Edgar Costas Susana Faccio e Niki Campos, o punto de partida é o propio mundo no que vivimos e o que sentimos. Con humor e ironía amosan como o absurdo moitas veces é un compoñente das situación cotiás.