A concelleira de Benestar anima á cidadanía a sumarse aos actos convocados no Día Mundial contra a Sida
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, expresa o seu máis firme apoio aos actos convocados na cidade con motivo da conmemoración do Día Mundial de Loita contra a Sida que terán lugar o vindeiro luns, 1 de decembro, convocados polas diversas entidades que forman parte do Plan Local de Drogodependencias e Outras Adiccións da Concellería de Benestar Social. Nesta edición, a campaña desenvólvese baixo o lema "Lidera, empodera, provee" e demanda o acceso universal á prevención e o tratamento e a atención aos problemas relacionados co VIH para o 2010.
O comunidado asinado pola concelleira nacionalista salienta o papel fundamental de profesionais, persoas colaboradoras e voluntariado que a nivel local impulsan o liderado na loita contra a Sida traballando día a día para acadar unha maior calidade de vida e benestar das persoas afectadas por esta enfermidade. Ademais, recoñece o labor desenvolvido polas diferentes entidades e asociacións que están a traballar con usuarios de drogas ao longo de todo o ano destinados a minimizar os danos asociados ao consumo de drogas, a diminuir a marxinalidade e a favorecer a súa integración, potenciando a prevención do VIH/SIDA.
A concelleira de Benestar Social anima á cidadanía a participar nas diversas iniciativas programadas polas distintas entidades integradas no Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo. O 1 de decembro, Día Mundial de Loita contra a Sida, celebraranse diversos actos. Por unha banda, os Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres visitarán pola mañá o espazo de encontro do grupo de autoapoio VIH/SIDA e Adiccións IMAN. Ademais, diante do museo MARCO de 10 a 19 horas, Cedro-Grupo de Autoapoyo VIH/Sida e Adiccións IMAN organizarán a confección e acendido do tradicional lazo vermello de frores e velas, a lectura do documento reflexivo baseado na convocatoria de ONUSIDA, a presentación do cartazo definitivo da campaña de prevención "Dou a cara" e o reparto de "Bolsas que cotizan en saúde", con material informativo de diversas institucións.
Do 1 ao 5 de decembro, a Unidade Asistencial de Drogodependencias "Alborada" ten programada unha exposición de mensaxes, slogans e fotografías relacionados coa SIDA, que terá lugar nas instalacións da propia entidade. O día 2, no salón multiusos dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres ás 16 horas, terá lugar a proxección dun filme sobre a temática do VIH/SIDA e o día 3, ás 10.30 horas, celebrarase a conferencia "Divulgación da campaña do Día Mundial contra o SIDA", impartida polo coordinador do grupo IMAN, Antón Bouzas, e posteriormente terá lugar o acendido do lazo vermello de velas e a lectura dun manifesto.