O goberno local adxudica o servizo de información cidadá 010 que no 2011 fixo 300.000 intervencións

luns, 2 xul 2012

O alcalde de Vigo explicou esta mañá que a empresa Outsourcing Signo Grupo Norte SA é a que mellor oferta presentou no concurso aberto de atención cidadá a través da liña telefónica do 010. A Xunta local de goberno do pasado venres un contrato por 4 anos, a unha proposta de 739.000 euros, un 5% menos do orzamento base de licitación, situado en 771.742 euros.