Caballero avanza que o antigo restaurante El Castillo estará derrubado en outubro
Segundo informou o alcalde, o goberno local adxudicou as obras de derrubo do antigo restaurante por 128.000 euros, traballos que estarán rematados entre setembro e outubro deste ano. O Concello habilitará unha zona verde e un paseo polo perímetro da fortaleza, que estará "toda á vista por primeira vez en 150 anos".
Por procedemento negociado e con publicidade, o goberno de Vigo vén de adxudicar as obras de derrubo deste antigo restaurante, por 128.000 euros, a realizar nos meses de setembro e outubro. Informou o alcalde que se procederá á retirada da edificación completa, os muros de contención e a terraza exterior, e se habilitará unha zona verde e un paseo. O obxectivo do goberno que preside Abel Caballero é descubrir "toda a perimetral da fortaleza", que quedará "toda á vista por primeira vez en 150 anos".
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local celebrada este venres tamén aprobou a convocatoria de subvencións para o fomento do emprego das asociacións veciñais da cidade, un reforzo ao Plan de Emprego Municipal dotado con 80.000 euros para a contratación desde as entidades de veciños de Vigo.
Descargar todas as imaxes