O rexedor felicita a Chano Rodríguez "no nome da cidade" polos seus éxitos deportivos
Caballero recibiu hoxe xoves ao deportista vigués Chano Rodríguez, que conseguiu tres medallas no último campionato do mundo de natación. Felicitouno "no nome da cidade" e comprometeu a cooperación do Concello para que "continúe coa saga de medallas".
Abel Caballero recibiu hoxe xoves ao deportista paraolímpico Chano Rodríguez, quen ven de conseguir 3 medallas -1 prata e 2 bronces- no último campionato do mundo de natación. O rexedor trasladoulle a felicitación "toda a cidade" a un deportista ao que atopou "entusiasmado" polos resultados e ao que ofreceu a continuidade do apoio municipal para facilitar o seu entrenamento e que "siga coa saga de medallas e actuacións deportivas soberbias".
Descargar todas as imaxes