Escoitar

O Concello e Vigo Vello programan os "Xoves Negros de Cine" no barrio histórico vigués

O alcalde participou este mércores na presentación desta iniciativa coa que o goberno local e VigoVello procuran a dinamización do Casco Vello. Desde mañá, todos os xoves de agosto e setembro, a Praza da Igrexa acollerá ás 23 horas proxeccións gratuitas de clásicos do cine negro.

mércores, 21 ago 2013
1377086726cinenegro.JPG
Abel Caballero presentou este mércores os "Xoves Negros de Cine", patrocinado polo Concello de Vigo e organizado por VigoVello, unha proposta cultural gratuita que dará comezo mañá e proxectará, nos meses de agosto e setembro, seis clásicos do cine negro na viguesa Praza da Igrexa desde as 23 horas.

"El Halcón Maltés", "Tener y No Tener", "El Sueño Eterno", "Perdición", "El Tercer Hombre" e "La Jungla de Asfalto" son, respectivamente, os seis filmes seleccionados, considerados clásicos do xénero, para as proxeccións dos "Xoves Negros de Cine".

O goberno local e VigoVello habilitarán unha pantalla de 3x3 metros na Praza da Igrexa, ante unha das fachadas dun edificio restaurado. O obxectivo de organizador e patrocinador é dinamizar a zona histórica da cidade de Vigo e tanto Abel Caballero como os responsables de VigoVello invitaron á cidadanía a achegarse os xoves á Praza da Igrexa.
Descargar todas as imaxes

Máis información