Escoitar

O Concello acondicionou máis de 30 zonas verdes da cidade nos últimos anos

O alcalde ennumerou máis de trinta zonas verdes melloradas e acondicionadas polo Concello desde o ano 2007, unha actuación "sen parangón na historia da cidade" á que se suma á prantación de 3.500 árbores no centro de Vigo. Hoxe achegouse ao parque de A Guía no que se fixeron obras por importe duns 100.000 euros.

xoves, 22 ago 2013
1377173845aguia.JPG
Abel Caballero visitou hoxe xoves o parque de A Guía, logo da remodelación e das "profundas actuacións" que se acometeron, cun importe duns cen mil euros. Os traballos realizáronse sobre todo na subida, moi deteriorada polo temporal e o arrastre das choivas, o que dificultaba o acceso a carritos ou persoas discapacitadas. Tal e como explicou, achegouse terra, intaláronse difusores de rego, novas prantacións en macizos e prantas vivaces, e, ademais, houbo que compactar xabre e instalar un sistema de canaletas para evitar que as choivas formen surcos laterais. Tamén se colocaron adoquíns nos bordillos e novo mobiliario urbano. Respecto do mirador, explicou que a zona municipal xa está practicamente aberta e avanzou que van seguir a negociar cos propietarios privados.

O rexedor enmarcou estes traballos nunha actuación, "sen parangón" nas zonas verdes de Vigo durante os últimos anos. Concretamente detallou que se acometeron melloras nas seguintes zonas: Parque de Navia; A Riouxa; Rivera Atienza; A pradeira da Avenida Castelao; Miñoca; Montero Ríos ; Praza de Compostela; Eijo Garay; González de Haz; Alameda Andrés Gaos; Alameda Emilio Crespo Cano (Navia); Parque de Aqualia; Xardíns Cemiterio de Pereiró; A Tellada; Pablo Iglesias; Alameda Suárez Llanos (Bouzas); Celso Emilio Ferreiro-Blein Budiño; Alameda dos Vellos (Beade); Parque de Miranaia; Praza José Campos; O Gorxal; Alameda da Grileira; Mestre Montes; Xardíns Lodeiro; Eduardo Cabello; Aragón-Jenaro de la Fuente; Parque do Meixoeiro; Portela; Parque de Castrelos e o Parque do Castro. Engadiu que a Finca Matías está con execución de traballos nestes momentos e ratificou a previsión é actuar proximamente no parque Camilo José Cela e A Bouza. Rematou lembrando a prantación de 3.500 árbores no centro da cidade.
Descargar todas as imaxes