Xunta de Goberno Local
O alcalde di que o Plan Económico Financeiro garante o equilibrio da concesión do Auditorio
venres, 6 xul 2012Abel Caballero informou este venres da aprobación do Plan Económico Financeiro de explotación do Auditorio "Mar de Vigo", que posibilita pechar "o equilibrio financeiro" da obra, "obrigado polas condicións de contratación" da mesma. O texto conta con informes favorables de técnicos externos e do Concello.