Escoitar

O alcalde di que o Plan Económico Financeiro garante o equilibrio da concesión do Auditorio

Abel Caballero informou este venres da aprobación do Plan Económico Financeiro de explotación do Auditorio "Mar de Vigo", que posibilita pechar "o equilibrio financeiro" da obra, "obrigado polas condicións de contratación" da mesma. O texto conta con informes favorables de técnicos externos e do Concello.

venres, 6 xul 2012
O alcalde deu conta da aprobación deste Plan na Xunta de Goberno Local celebrada este venres, que permitirá a ampliación de capital que efectua a empresa e terá "custe cero" sobre os impostos da cidadanía viguesa, segundo afirmou Caballero, pois o informe municipal avala a achega da Xunta de Galicia -que ía destiñada á obra do Auditorio-, que se aforrou pola baixa ofertada pola adxudicataria, contía orzamentada nas contas municipais e que ascende a 5 millóns de euros.

O rexedor vigués asegurou que esta decisión está avalada por informes técnicos de funcionarios municipais e persoal externo e permite pechar o equilibrio económico financeiro da obra, algo "obrigado polas condicións de contratación" da mesma. O texto contempla a ampliación en 35 anos do prazo da concesión.