Escoitar

Caballero invita á cidade a participar esta fin de semana na Festa da Cultura e no Soho da zona centro

O alcalde e a concelleira de Cultura presentaron este xoves ambas iniciativas que coinciden durante esta fin de semana no centro da cidade. A Festa da Cultura celebrarase o sábado e domingo con actuacións musicais, deportivas, obradoiros, etc, mentres que o Soho Zona Centro sacará o comercio á rúa este sábado.

xoves, 5 xul 2012
1341489499festacultura.jpg
A Festa da Cultura 2012, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais coa colaboración do Concello de Vigo, programa para esta fin de semana a Festa da Cultura de Vigo 2012, con epicentro na Porta do Sol.

O 7 e 8 de xullo, durante todo o día, o centro recibirá unha mostra dos Centros Culturais de Vigo, a través dunha exposición para amosar as súas actividades, iniciativas de formación, programación cultural, etc, complementado con actuacións de baile e música, obradoiros de artesanía e infantís.

O fin de festa correrá a cargo da Orquestra Folc "Son de Seu", cun gran concerto na Porta do Sol o domingo ás 22:30 horas. O presidente da Agrupación, Roberto Giráldez, salientou a actuación de 150 gaiteiros, fronte ao Museo MARCO de Vigo, ás 13:30 horas dos domingo.

En segundo lugar, e en paralelo á Festa da Cultura, a Asociación de Comerciantes Zona Centro organiza o sábado o chamado Soho Zona Centro, iniciativa pola que o comercio sairá ás rúas do centro de Vigo desde ás 10 ás 22 horas. Esta actividade aunará no entorno das rúas Don Bosco, María Berdiales, Doutor Cadaval e Progreso o comercio, a artesanía e a música. Segundo explicou o xerente da Asociación, Raúl Fontán, o evento contará cun espazo de venda de libros, zonas infantís e un torneo de xadrez.
Descargar todas as imaxes