Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 29 nov 2012
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 30 DE NOVEMBRO DE 2012.

1.- Acta da sesión ordinaria do 23 de novembro de 2012.

ALCALDIA
2.- Indemnización substitutiva a favor de Soamma Electricidad, polos servizos de montaxe e desmontaxe da iluminación da festa de San Roque 2011. Expte. 9069/101.

ASESORIA XURIDICA
3.- Dar conta das seguintes Sentenzas e Autos remitidos por Asesoría Xurídica:

a) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 173/2012 P.A. Demandante: D. ALBERTO LEDO OLCOZ E AXA SEGUROS GENERALES, S. A. Obxecto: Resolución do 24/09/2012 por danos en vehículo. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7416/111.

b) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 216/2012 P.A. Demandante: D. DANIEL GUERRERO DÍEZ. Obxecto: Resolución do 17/02/2012 por caída na vía pública. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7440/111.

c) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 233/2012 P.A. Demandante: "FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA". Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo do 15/03/2012. Esta sentenza, firme, estima o recurso. Expte. 7514/111.

d) Sentenza do X. de Primeira Instancia nº 2 de Vigo no Xuízo Ordinario nº 233/2012. Demandante: COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS DE TEIS. Obxecto: Acción reivindicatoria sobre unha franxa de terreo. Esta sentenza, que non é firme, estima a demanda. Expte. 7264/111.

e) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 284/2012 P.A. Demandante: D. STEFAN BREZOI DORIN. Obxecto: Resolución do 27/09/2012 danos producidos pola caída dunha árbore. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7586/111.

f) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 242/2012 P.A. Demandante: PARQUETS ELOY S.L E OUTRA. Obxecto: Resolución do 28/09/2012 danos en vehículo. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7588/111.

g) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 279/2012 P.A. Demandante: D. EMILIO COSTAS FERNÁNDEZ. Obxecto: Resolución do 26/12/2011: "arquivo". Esta sentenza, firme, estima o recurso. Expte. 7578/111.

h) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 267/2012 P.A. Demandante: D. SAÚL VIDAL HERNÁNDEZ. Obxecto: Resolución do 31/08/2012 por estacionamento incorrecto. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7562/111.

i) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 227/2012 P.A. Demandante: D. CARLOS MONTENEGRO DOMÍNGUEZ. Obxecto: Dilixencia de embargo de inmoble. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7446/111.

l) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 241/2012 P.A. Demandante: D. FÉLIX CHÁVEZ BAUTISTA. Obxecto: Resolución do 20/09/2012 por caída na vía pública. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7566/111.

m) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 254/2012 P.A. Demandante: Dª. DOLORES RIVERA CARBALLO. Obxecto: reclamación de taxas de lixo. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7553/111.

n) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 243/2012 P.A. Demandante: Dª. Mª PILAR GONZÁLEZ GARCÍA. Obxecto: Resolución do 11/04/2012 por execución forzosa de multas de tráfico. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7455/111.

ñ) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 104/2012 P.A. Demandante: Dª. MÓNICA TABOADA DOMÍNGUEZ. Obxecto: Resolución do 20/01/2012 por danos en vehículo. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7337/111.

o) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 296/2012 P.A. Demandante: Dª. Mª JOSÉ MARTÍNEZ LAFUENTE. Obxecto: Resolución do 10/10/2012 danos en reixa comercial por obras aparcadoiro Jenaro de la Fuente. Esta sentenza, firme, desestima o recurso. Expte. 7606/111.

p) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 212/2012 P.O. Demandante: OBRAS Y CONSTRUCCIONES ALEN S.A . Obxecto: Resolución do 27/03/2012 (inadmisión). Subhasta inmobles. Esta sentenza declara a caducidade do recurso. Expte. 7438/111.

q) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 102/2012 P.O. Demandante: MIRAFLORES VIGO S.A. Obxecto: Liquidación I.C.I.O. Esta sentenza, que non é aínda firme, estima o recurso. Expte. 7276/111.

ATENCION CIDADA
4.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "Monte da Mina". Autorización do gasto. Expte. 5769/320.

BENESTAR SOCIAL
5.- Servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 209/16, 2564/13 e 834/13.

6.- Indemnización substitutiva a favor de EULEN SERVICIOS SOCIOSANITARIOS, S.A., pola prestación dos servizos de apoio á unidade asistencial de drogodependencias, no mes de setembro. Expte. 1883/315.

7.- Indemnización substitutiva a favor de EMAUS FUNDACION SOCIAL, pola prestación dos servizos de xestión do programa de transición á vida autónoma -VIA- no mes de outubro 2012. Expte. 79436/301.

CONTRATACION
8.- Clasificación de ofertas para a contratación dos servizos de valorización da mistura dos residuos municipais da cidade de Vigo coa Sociedade Galega de Medio Ambiente S.A. Expte. 3352/252.

9.- Devolución de garantía a Nea F3 Ibérica. Expte. 6180/113.

DEPORTES
10.- Autorizar á AA.VV. de San Xoán Poulo, a organizar o vindeiro domingo 2.12.12, a VI CARRERA POPULAR FERNANDO NOGUEIRA. Expte. 11655/333.

EMPREGO
11.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Federación de AA.VV. de Vigo "Eduardo Chao".Expte. 9183/77.

ESTATÍSTICA
12.- Indemnización substitutiva a favor de DISMAC, pola subministración de portafolios no día das eleccións ao Parlamento de Galicia. Expte. 12733/234.
FESTAS
13.- Bases de participación para o concurso "Vente cos Reis Magos 2012-13". Expte. 4794/335.

FOMENTO
14.- Memoria valorada para executar as obras de "Complementario Renovación da rede de abastecemento no Camiño Garagulla-Bembrive". Expte. 1265/440.

15.- Memoria valorada para executar as obras de "Renovación da rede de abastecemento na rúa Dona Fermina dende o nº 16 ao 30-Teis". Expte. 1536/440.

16.- Memoria valorada para executar as obras de "Substitución de válvulas e calderería da EBAR de Canido. Expte. 688/440.

17.- Rectificación do acordo da XGL do 21.09.2012, no que se propoñía a devolución da fianza a nome de Coproim, S.L. e propoñer a devolución de fianza a nome de Martínez Garrido, 108 Comunidade de Propietarios. Expte. 67014/250.

MOBILIDADE, SEGURIDADE E TRANSPORTES
18.- Devolución de fianza á Asociación de Veciños Praza da Miñoca, ó non haber danos con motivo da celebración do Magosto o día 3.11.2012. Expte. 84069/210.

PARQUE MOBIL
19.- Indemnización substitutiva a favor da empresa "Groupama Plus Ultra Seguros e Reaseguros". Expte. 9378/445.

PATRIMONIO
20.- Indemnización substitutiva a favor de Limpiezas del Noroeste S.A., pola limpeza das dependencias do Concello de Vigo, durante o mes de setembro 2012. Expte. 73/242.

RECURSOS HUMANOS
21.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do Servizo de Cemiterios por exceso de xornada anual correspondente ao mes de outubro de 2012. Expte.23642/220.

22.- Complemento de produtividade do persoal do Servizo de Cemiterios por xornada partida correspondente ao mes de outubro de 2012. Expte. 23640/220.

23.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección correspondente ao mes de outubro de 2012. Expte. 23638/220.

24.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil correspondente ao mes de outubro de 2012. Expte. 23637/220.

25.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal dos distintos servizos correspondentes ao mes de outubro de 2012. Expte. 23643/220.

26.- Dar conta da resolución de concesión de permiso retribuído á funcionaria Dª Paz Fernández Fernández. Expte. 23609/220.

27.- Dar conta da resolución de concesión de permiso retribuído á funcionaria Dª Gabriela Romero Bandeira. Expte. 23581/220.

28.- Dar conta da resolución de recoñecemento de grao persoal da funcionaria Dª Marta Núñez Aboy. Expte. 23620/220.

29.- Rectificación erro da Xunta de Goberno Local de data 05/10/2012, relativo a abono de produtividade por condución de vehículo municipal sen ser oficial, ao empregado municipal D. Eladio Puentes Rodríguez. Expte. 23646/220.

30.- Dar conta da resolución de solicitude de reincorporación ao corpo da Policía Local da funcionaria Dª Mª Begoña Liboreiro Meira. Expte. 23652/220.

31.- Dar conta da resolución de concesión de permiso non retribuído á funcionaria interina Dª Fátima Dueñas Corchero. Expte. 23639/220.

32.- Dar conta da resolución de concesión de permiso retribuído á funcionaria Dª Elvira González Gallego. Expte. 23655/220.

33.- Dar conta da resolución de concesión de permiso retribuído ao funcionario Dª Alberto Rodríguez Rey. Expte. 23668/220.

34.- Execución títulos xudiciais 51/2012 do Xulgado do Social nº 5, dos de Vigo, no procedemento 310/2010, en materia de despido (Montserrat Soto Sío). Expte. 23622/220.

35.- Execución títulos xudiciais 159/2012 do Xulgado do Social nº 4, en materia de cantidades (Elisa Casal Prieto e outros). Expte. 23539/220.

36.- Execución parcial de títulos xudiciais 161/2012 do Xulgado do Social nº 5, de Vigo, no procedemento 791/2011, en materia de cantidades (Susana Mª Davila Barba). Expte. 23650/220.

37.- Execución títulos xudiciais 118/2012 do Xulgado do Social nº 5, de Vigo, no procedemento 644/2007, en materia de recoñecemento de dereito e cantidades (Paula Cremades Paz, Eva Susana Candeira Rodríguez e Montserrat Soto Sío). Expte. 23651/220.

38.- Liquidación de xuros na execución 290/2011, sendo demandante Ana Mouriz Martínez, en relación co procedemento 977/2010. Expte. 23464/220.

39.- Execución títulos xudiciais 81/2012 do Xulgado do Social nº 4, de Vigo, no procedemento 3/2008, en materia de cantidades (Patricia Martínez González). Expte. 23465/220.

TURISMO
40.- Proxecto de execución e dotación do centro de Interpretación de Vigo e a súa ría, no local nº 4 de Cánovas del Castillo nº 3. Expte. 4588/104.

URBANISMO
41.- Dar conta das cotas de urbanización adebedadas que se remiten ao Tesoureiro para que dite a correspondente providencia de constrinximento. Expte. 5008/401.

XUVENTUDE
42.- Rectificación de erro no acordo da XGL do 8.06.2012, na cantidade que figura nas "Bases reguladoras e convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís no ano 2012". Expte. 3684/336.

43.- Indemnización substitutiva a favor do Plan Comunitario de Teis, en concepto de actividades de dinamización para nenos e nenas durante a primeira quincena de setembro. Expte. 3668/336.

44.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 30 de novembro de 2012, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 28 de novembro de 2012.

O ALCALDE,Abel Caballero Álvarez
A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,Dª. Mª Jesús Lago Rey