Escoitar

O Concello convenia con FOANPAS a realización de actividades extraescolares gratuitas

O alcalde, Abel Caballero, rubricou este xoves cos pais e nais de alumnos dous convenios de colaboración para a realización de actividades extraescolares nos 49 centros públicos de Vigo, algunhas destas con cargo ao Plan Municipal de Emprego. 10.000 escolares beneficiaranse deste programa.

xoves, 29 nov 2012
1354193374convenio.JPG
O primeiro dos convenios asinados responde ao que tradicionalmente acordan Concello e FOANPAS para a realización de actividades extraescolares, polo que o goberno local achega 63.000 euros para sufragar o 65% do coste das mesmas.

En segundo lugar, e dentro do Plan Municipal de Emprego, o goberno de Vigo e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos rubricaron outro convenio polo que o Concello aporta 19.200 á entidade co compromiso de creación de 3 postos de traballo, que ofrecerán actividades -neste caso de balde- aos escolares fóra do horario lectivo. Abel Caballero salientou que "empeño moi notable" do goberno que preside en ampliar a proposta extraescolar nos centros públicos.

Instalectra
Esta mesma mañá, Caballero asinou con Instalectra outro convenio do Plan Municipal de Emprego, coa achega de 24.500 euros para xerar un posto de traballo. Ata o momento, o goberno local deu o seu visto bo a liberar máis de dous millóns de euros para crear 232 empregos.
Descargar todas as imaxes