Xunta de Goberno Local
Caballero avanza que o antigo restaurante El Castillo estará derrubado en outubro
venres, 23 ago 2013Segundo informou o alcalde, o goberno local adxudicou as obras de derrubo do antigo restaurante por 128.000 euros, traballos que estarán rematados entre setembro e outubro deste ano. O Concello habilitará unha zona verde e un paseo polo perímetro da fortaleza, que estará "toda á vista por primeira vez en 150 anos".
O Concello colabora na difusión da música a través da Sociedade Filarmónica de Vigo
venres, 21 xuñ 2013Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación de distintos convenios para a promoción de actividades culturais na cidade. Un deles, coa Sociedade Filarmónica, para divulgar a música clásica e, outro, para cooperar na programación do Teatro Ensalle.